A Área de Promoción Económica e Turismo de Arteixo presta os seus servizos formativos á comunidade a través do Centro Arteixo Innovación, proporcionándolle aos traballadores inactivos un recurso para mellorar a súa capacidade de inserción. Por medio da formación nas diversas especialidades homologadas no centro, o alumno accede a unha mellor capacitación, así como á adquisición das actitudes e habilidades necesarias para promoverse profesionalmente.

As accións formativas levadas a cabo polo Centro Arteixo Innovación realízanse de acordo cunha política de calidade que se concreta en obxectivos coherentes con aquela, e que está suxeita á revisión e mellora continua, o igual que a totalidade do Sistema de Xestión. Para elo, o Sistema de Xestión de Calidade do Centro Arteixo Innovación, sempre orientado á satisfacción das necesidades e expectativas dos seus usuarios, actúa como marco de referencia para o establecemento e revisión dos citados obxectivos.

A Área de Promoción Económica e Turismo de Arteixo, conta cun Servizo de Orientación Laboral, baseado na información, orientación e busca activa de emprego, como ferramenta para facilitar o acceso ao mercado de traballo, fomentar o emprego e mellora da súa calidade, así como a incentivar as novas iniciativas empresarias.Este servizo depende do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Por último, a Dirección do Área de Promoción Económica e Turismo de Arteixo está comprometida co cumprimento dos requisitos que poidan afectar ao funcionamento do centro, xa sexan de carácter legal, ou propios da esixencias da norma de referencia UNE-EN-ISO 9001 pola que se implanta o Sistema de Xestión de Calidade.

Esta Política de calidade, ten sido comunicada a todo o persoal do Centro, e todo o persoal do centro a comprende e asume.

O Sistema de Calidade da Área de Promoción Económica e Turismo de Arteixo está reconocido pola certificación UNE-EN-ISO 9001 para o seguinte alcance:

  • Xestión da impartición da formación ocupacional nas áreas de servizos ás empresas, turismo e hostelería, e industrias textís.
  • Deseño e xestión da impartición de formación ocupacional nas áreas de: Transporte, industria da madeira, agraria, comercio e marketing, servicios socioculturais á comunidade, informática e internet.
  • Prestación de servizos de orientación laboral
  • Prestación do servizo de asesoramento a emprendedores e empresarios