Servicio Público de Emprego de Galicia

O Concello de Arteixo forma parte da rede de centros asociados do SPEG. Desde este servizo realízanse entrevistas de orientación laboral para persoas demandantes inscritas derivadas desde a oficina de emprego, así coma itinerarios personalizados de inserción.

Ademais, desde o departamento lévase a cabo a xestión de ofertas de traballo do SPEG a través do aplicativo CAPTA

Enlaces de interese:
http://emprego.xunta.es

Servizo de Orientación Laboral do Concello de Arteixo

O Departamento de formación e emprego conta con persoal técnico de orientación para atender as persoas demandantes ao longo de todo o ano. Realízase un asesoramento personalizado para a definición do obxectivo profesional, así coma a elaboración de itinerarios personalizados de inserción, onde se lles facilitan instrucións técnicas de cara a busca de emprego, elaboración e adaptación do currículo personalizado, información acerca do mercado laboral da zona e intervención motivacional no proceso de busca.

Enlaces
Recoñecemento da Experiencia Profesional
Competencias Clave
Instituto Galego das Cualificacións