SUBVENCIONS PARA O FINANCIAMENTO DE PRÁCTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS (PROCEDEMENTO TR363A)
Orde do 14.09.2017 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil que realizan prácticas non laborais en empresas (DOG núm. 186 de 29.09.2017).
Beneficiarios/as
Empresas con centro de traballo en Galicia que subscriban acordos con persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e conten con titulación universitaria, FP ou certificado de profesionalidade, para a realización de prácticas non laborais, que terán unha duración entre 6 e 9 meses, e unha xornada laboral de, como mínimo, 4 horas diarias.
Axuda
As contías varían en función da xornada diaria de prácticas (desde o 100% do IPREM mensual ata o 1,4 veces o IPREM).
Prazo de solicitudes
Dende o 30.09.2017 ao 30.10.2017, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Máis información en:
CENTRO ARTEIXO INNOVACION
Concellaría de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº981640572