SUBVENCIONS PARA DIXITALIZACION E MODERNIZACION DE EMPRESAS COMERCIAIS E ARTESANAIS (2018)
SUBVENCIONS PARA DIXITALIZACION E MODERNIZACION DE EMPRESAS COMERCIAIS E ARTESANAIS (2018)
OBXECTO
Dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais.
ACTUACIONS SUBVENCIONABLES
Gastos e investimentos que se realicen e xustifiquen entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 30 de outubro de 2018, e que afecten a:
1.- Implantación de solucións dixitais para a adaptación das empresas comerciais e artesanais ás novas tendencias do mercado:
- implantación ou actualización de páxinas web comerciais e a mellora da imaxe en liña dirixidas á comercialización dos produtos
- loxística dixital a través do deseño e implantación dun packaging
- implantación de ferramentas de xestión,
- servizos de xestión de redes sociais (Social Commerce).
2.- Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo:
- reforma e acondicionamento da superficie comercial
- adquisición de moblaxe
- actuación de mellora da fachada, toldos, carteis, letreiros....
PRAZO DE SOLICITUDES
Dende o 02.02.2018 ao 01.03.2018, por vía electrónica a través do enderezo https://sede.xunta.gal.
Máis información:
CONCELLO DE ARTEIXO
Concellería de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº 981640572