Atrás

SUBVENCIONS AO COMERCIO RETALLISTA E ARTESANAL

SUBVENCIONS AO COMERCIO RETALLISTA E ARTESANAL

 

(Orde do 22 de decembro de 2015, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen subvencións para a mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego)

 

 

OBXECTO

Mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.

 

 

ACTUACIONS SUBVENCIONABLES

Gastos e investimentos que se realicen e xustifiquen entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 10 de outubro de 2016, é que afecten a:

1.- Comerciantes retallistas:

  • Acondicionamento de local comercial.
  • Mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento.

2.- Comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais:

- Ferramentas ou programas informáticos.

- Sistemas de empaquetado e etiquetaxe.

- Sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline.

- Páxinas web comerciais.

- Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor.

3.- Federacións de comerciantes:

         - M-commerce, aplicacións informáticas e webs para móviles.

4.- Asociacións profesionais de artesáns:

         - Sistemas que complementen ao produto.

- Proxectos de novos produtos con colaboracións entre artesáns e

deseñadores.

 

PRAZO DE SOLICITUDES

Dende o 18 de xaneiro ao 18 de febreiro de 2016.

 

 

Máis información en:

CENTRO ARTEIXO INNOVACION

Concelleria de Promoción e Desenvolvemento

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº981640572.

 

 

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0424-281215-0005_gl.pdf