Atrás

PROGRAMA RESPONSABILIZATE

PROGRAMA RESPONSABILIZATE

 

Resolución do 21 de xuño de 2016 pola que se lle dá publicidade das bases reguladoras para a selección de pequenas e medianas empresas ás que se prestarán servizos de tutela en materia de responsabilidade social empresarial (RSE), a través do programa Responsabilízate, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 130 do 11 de xullo de 2016).

Obxecto:

Estas bases teñen por obxecto regular o proceso de selección de pemes ás que se prestarán os servizos do programa Responsabilízate.

O programa consiste en impulsar unha maior implantación da RSE nas pemes cun acompañamento real dun titor experto en RSE que facilite este labor. A titorización estará orientada a tres aspectos básicos:

1º. Diagnose ou análise do estado e potencial da RSE na peme galega: consistirá en facilitar a diagnose da situación ou posibilidades da RSE.

2º Formación nas pemes, que abra un camiño para o interese e implantación da RSE na peme.

3º. Actuación: acompañar na definición dun plan de acción e implantación das primeiras accións.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias destes servizos as pequenas e medianas empresas (pemes) que teñan radicado o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia

Requisitos:

  1. Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
  2. Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
  3. Non seren entidades sen ánimo de lucro.
  4. Non ter sido sancionadas, por ningunha causa, nos tres últimos anos.

Prazo:

O prazo para inscribirse no programa remata o 30 de setembro de 2016.