Atrás

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO 2017-2018 (ARTEIXO INTEGRA 2017-2018)

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO 2017-2018

(ARTEIXO INTEGRA 2017-2018)

 

 

Quedan prazas vacantes para os cursos de formación que se van a desenvolver dentro do Programa Integrado de Emprego Arteixo-Integra 2017-2018.

Este Programa, cofinanciado pola Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Servizo Público de Emprego Estatal e o Concello de Arteixo, ten por obxecto á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, mediante a realización das seguintes accións formativas:

  • Caixeiro/repoñedor/almacén,
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais,
  • Operacións auxiliares de cociña e restaurante-bar,
  • Monitor de tempo libre, comedor e transporte escolar.

 

Así mesmo, durante todo o Plan, realizaranse accións de formación transversal, tales como: prevención de riscos laborais, marca persoal, emprego 2.0, manipulador de alimentos e pescado, prácticas laborais, fomento do emprendemento, orientación laboral e rede Eures.

 

O inicio dos cursos está previsto para este mes de xaneiro, e a preselección de candidatos realizarase dende a oficina de emprego, sendo a posterior selección definitiva por parte dos técnicos do Departamento de Promoción e Desenvolvemento do Concello de Arteixo.

 

Para máis información deben dirixirse a Concellaría de Promoción e Desenvolvemento, sita no Centro Arteixo Innovación (Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46). Teléf. 981640572.