Atrás
Programa Emega para fomento do emprendemento feminino
Axudas do programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino para o ano 2016
(Resolución do 15 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocan para o ano 2016 as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo-FSE, DOGA 01-07-2016).
Obxecto:
- Incentivar as mulleres emprendedoras de Galicia para a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais, a través das seguintes liñas de actuación:
- Liña Emprende: axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas empresariais
- Liña Innova: axudas económicas para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade
- Liña Activa: axudas económicas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas
- Liña ITEF: axudas económicas para proxectos empresariais de carácter innovador, científico ou de base tecnolóxica en empresas
- Liña complementaria Concilia: para á conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar
- Liña complementaria Dual: para incentivar á participación no programa de titorización
Prazo de solicitudes:
Un mes desde o día seguinte á publicación no DOGA (ata 01-08-2016)
Máis información en:
CENTRO ARTEIXO INNOVACION
Concelleria de Promoción Económica e Turismo
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº981640572.