Atrás

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

CONSELLERÍA DE TRABALLO

  • Normativa

Orde do 28 de Decembro de 2015 pola que se establece as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado co Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 247 de 29 de decembro de 2015).

  • Persoas beneficiarias
  • Persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que creen unha empresa individual ou formen parte dunha comunidade de bens ou unha sociedade civil que:
    • Sexan titulares ou cotitulares (SC ou CB solicitada a título individual) do negocio ou explotación. No caso de C.B ou S.C. deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
    • Se dean de alta en autónomos, calquer outro réxime por contra propia da S.S. ou mutualidade de colexio profesional, entre o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016.
    • Non estean inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
    • Non percibisen subvencións deste programa nos 3 anos anteriores.
    • Non desenvolvesen como traballadores autónomos a mesma ou similar actividade para a que solicitan a subvención na mesma localidade nos 6 meses anteriores, nin nos 3 meses anteriores en calquera actividade.
    • Non sexan socios de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.
    • Non fosen condenadas mediante sentenza firme a non poder recibir subvencións públicas, inhabilitadas por concurso, que por calquer causa fosen declaradas culpables en contratos coa Administración, incursa en calquera incompatibilidade ou non estar ao día nas obrigas tributarias o da Seg.Social.
    • Son incompatibles cos programas de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, iniciativas de emprego de base tecnolóxica e integración laboral das persoas con discapacidade. Así mesmo, quedan excluídos deste programa, os socios de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.
    • Deberán figurar no réxime de autónomos ou asimilado durante un período de 1 ano ininterrompido (subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil) e de 2 anos (subvención polo establecemento como traballador autónomo), salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o cal deberá acreditar fidedignamente.
  • Tipos de axudas (incompatibles entre si)

 

1.- Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil: Axuda a fondo perdido dunha soa vez:

 

  • Requisitos:
    • Ter menos de 30 anos de idade na data de solicitude da axuda.
    • Ter solicitado a alta como persoa traballadora autónoma no correspondente réxime da seguridade social ou mutualidade profesional, con anterioridade a presentación da solicitude de axuda.
  • Contía:
    • 1.200,00 €.

 

2.- Subvención polo establecemento como traballador/a ou por conta propia. Axuda a fondo perdido dunha soa vez:

  • Requisitos:
    • Investimento en inmobilizado material ou intanxible nunha contía non inferior a 3.000 euros sen IVE, acreditando con facturas e pagamento bancario das mesmas.
    • Realizado no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio da actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio (como máximo ata 20-12-15).
    • No caso de Comunidades de Bens ou Sociedades Civis o investimento mínimo será por cada socio/a individual da sociedade, en función da súa porcentaxe de participación.
  • Contías:
    • 5.000 € para persoas desempregadas en xeral.
    • 8.000 € para desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
    • 10.000 € muller desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
  • Procedemento de concesión.

O procedemento de concesión destas subvencións será de concorrencia competitiva, segundo os seguintes criterios de valoración.

 

1.- Persoa con discapacidade ou pertencente a un colectivo en risco ou exclusión social: 20 puntos.

2.- Persoa desempregada de xeito ininterrompido: de 1 a 15 puntos (segundo o tempo de 30 a 720 días).

3.- Persoa desempregada que esgotase a prestación por desemprego: 10 puntos.

4.- Idade no momento da solicitude: de 2 a 8 puntos.

5.- Muller desempregada: 3 puntos.

6.- Concello rural: 2 puntos.

 

  • Obrigas.
  • Solicitar a alta como autónomo no prazo indicado na resolución (salvo que non se fixera). No suposto en que se solicite a subvención sen solicitar a alta na S.S.
  • Manter a actividade de 1 ou 2 anos segundo a subvención solicitada, e presentar, no prazo de 4 semanas desde o seu cumprimento, os indicadores de resultado segundo o modelo dispoñible na páxina web da Consellería de Traballo.
  • Xustificar o cumprimento das condicións e da actividade.
  • Facilitar a información necesaria sobre o desenvolvemento da actividade.
  • Someterse as actuacións de control e comprobación.
  • Comunicar calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.
  • Estar ao día das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social.
  • Dispoñer dos libros contables segundo a lexislación mercantil, e manter unha pista suficiente e conservar os documentos de aplicación dos fondos por un período de 3 anos.
  • Medidas de comunicación e información: cartel A3 en lugar destacado e visible do apoio dos fondos.
  • Manter durante o período de dous anos a forma xurídica elixida pola que se lle concederon as subvencións. Así mesmo, deberá manter a actividade a desenvolver na solicitude e memoria do proxecto.
  • Prazo
  • Para as solicitudes:
  • Comenzará ó día 30 de Decembro de 2015 e rematará o 29 de febreiro de 2016.
  • Para a xustificación:
    • Ata o 20 de decembro de 2016.

 

  • Documentación necesaria

 

Documentación común:

 

  • Solicitude segundo o modelo oficial publicado na orde (anexo I). No caso de C.B ou S.C. documento de creación.
  • Plan de negocio empresarial segundo anexo II, con informe sobre a súa viabilidade económica e financeira, asinado por asesor, xestor, economista, Cámara de Comercio, Unidade Emprende ou AEDL.
  • Se a persoa solicitante na data de presentación xa está de alta como autónomo:
    • Resolución da alta na Seguridade Social.
    • Alta no censo de obrigados tributarios (modelo 036 ou 037).
  • Declaración do conxunto das axudas solicitadas (anexo III).
  • Información dos indicadores de execución sobre os participantes (dispoñible na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar).
  • Documentación acreditativa dos requisitos avaliados segundo os criterios de valoración.
  • Fotografías do cartel de información do apoio dos fondos (cartel tamaño A3 en lugar visible).
  • Declaración responsable de ter capacidade administrativa, financeira e operativa.
  • No caso de subvención polo establecemento como autónomo, listaxe asinada coa relación dos investimentos e pagamentos realizados, con facturas e xustificantes bancarios (no caso de vehículos comerciais ou industriais, tarxeta de ITV).
  • Terminado o prazo esixido para o mantemento da actividade (1 ou 2 anos), no prazo de 4 semanas presentar os indicadores de resultado inmediato, segundo o modelo que figura na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia.