Atrás

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACION NA EMPRESA ORDINARIA PARA O ANO 2018

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACION NA EMPRESA ORDINARIA PARA O ANO 2018

 

 

Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 22.12.2017, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación na empresa ordinaria, publicada no DOG núm. 24 do 02.02.2018.

 

Obxecto e finalidade:

 

Inserción laboral das persoas desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade, a través dos seguintes programas:

 

  • Bono de contratación, subvencións para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social.
  • Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por esta orde, para mellorar os coñecementos e habilidades relacionados co posto  de traballo.

 

Ámbito temporal

 

Contratacións realizadas entre o 01.10.2017 e o 15.10.2018.

 

Prazo de solicitudes

 

O prazo para as solicitudes dos bonos de contratación e formación presentaranse no prazo dun mes desde a data de formalización do contrato (prazo máximo 15.10.2018), obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

 

 

Máis información en:


CENTRO ARTEIXO INNOVACION

Concelleria de Promoción e Desenvolvemento

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfno. núm. 981 640 572.

 

 

Enlace DOGA