PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACION DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL
PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACION DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL
(Orde da Xunta de Galicia do 29 de decembro de 2015, publicada no DOG nº248, de 30 de decembro de 2015).
OBXECTO:
Incentivar a contratación por conta allea das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través de dous programas:
- Programa de incentivos á contratación indefinida inicial das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
- Programa de incentivos á contratación temporal ou a súa transformación en contrato indefinido, de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Persoas empregadoras e empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que contraten traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados en Galicia.
PRAZO DE SOLICITUDES
O prazo xeral será ata o 30 de setembro de 2016. As contratacións realizadas entre o 1 de novembro de 2015 e o 30 de decembro de 2015, o prazo será de ata o 29 de febreiro de 2016. O prazo para as contratacións realizadas desde o 31 de decembro de 2015, será atá o último día do segundo mes seguinte.
Máis información en:
CENTRO ARTEIXO INNOVACIóN
Concellaria de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº981640572.
Enlace DOGA