PROGRAMA DE APOIO FINANCEIRO AS PEMES (préstamos superiores a 25.000,00 €)
PROGRAMA DE APOIO FINANCEIRO AS PEMES (préstamos superiores a 25.000,00 €)
(DOGA Nº115 de 19 de xuño de 2015)
Obxecto
Bonificación dos custos de financiamento das pequenas e medianas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 €, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o IGAPE, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.
Beneficiarios
Autónomos e aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa ou pequenas ou medianas empresas (pemes). Terán que ter formalizada unha operación de préstamo, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das presentes bases, con fondos do ICO das liñas ICO-Empresas e Emprendedores 2015, ICO-Garantía SGR/SAECA 2015 ou ben con fondos da propia entidade financeira sempre que estean avalados por unha SGR ou polo Igape.
Tipos de axudas
- Bonificación do tipo de xuro.
- Compensación da comisión do aval financeiro.
Prazo
Desde o día 20 de xuño de 2015 ata o día 30 de outubro de 2015.
Máis información:
CONCELLO DE ARTEIXO
Concellería de Promoción Económica e Turismo
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº 981640572