Atrás
Curso de operador/a de carreta elevadora
A Concellaría de Promoción e Desenvolvemento, organiza un curso de Operador de Carretas elevadora Tipo I e Tipo II segundo a norma UNE 58451
Obxectivos do curso:
- Capacitar ao condutor/a de carretas elevadoras no coñecemento das normas de seguridade
- Conducir carretas con precisión e seguridade, así coma realizar operacións de mantemento
- Realizar o manexo e condución de carretas de acordo coas normas de seguridade e prevención de riscos
Destinatarios/requisitos:
- Estar empadroada/o no Concello de Arteixo
- Ser demandante de emprego
Duración: 20h en modalidade presencial
Número de prazas: 16
Prazo de inscrición:
- A inscrición realizarase dende o 21 ao 25 de Novembro (ambos os inclusive) mediante o anexo de solicitude publicado na web municipal ou facilitado no Dpto. de Promoción e Desenvolvemento (Centro Arteixo Innovación)
Datas previstas de realización:
- Dende o 12 ao 15 de Decembro en horario de 9:00h-14:00h
Procedemento de selección:
- No caso de que o número de persoas solicitantes supere o número de prazas que se ofrecen, realizarase un sorteo público o día 30 de Novembro ás 11:00 h no Centro Arteixo Innovación. A continuación publicarase o resultado das persoas admitidas na web municipa
- (Folla de inscrición)
Máis información en:
CENTRO ARTEIXO INNOVACION
Concelleria de Promoción Económica e Turismo
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº981640572.