Curso de agricultura ecolóxica
A Concellería de Promoción e Desenvolvemento organiza un curso gratuito orientado a que os alumnos podan desenvolver, de forma autónoma, unha explotación propia de agricultura ecolóxica ou unha actividade profesional na área de produción en grandes, medianas e pequenas empresas, tanto públicas como privadas, adicadas ao cultivo agrícola ecolóxico.
A Agricultura Ecolóxica é unha forma de facer agricultura que elimina o uso de produtos de síntese para a fertilización ou a sanidade das plantas e utilizando outros produtos e formas de manexo naturais. Asi evítase o uso de produtos químicos nocivos para o medio e para a saúde de agricultores e consumidores.
O curso terá lugar entre o 26 de setembro e 22 de decembro de 2016 no Centro Social de Monteagudo de Arteixo.
Para inscribirse hai que acodir ó Departamento de Promoción e Desenvolvemento, no Centro Arteixo Innovación, desde o día 29 de agosto ata o día 9 de setembro de 2016.
Os interesados poden descarregar o aquí o impreso de preinscripción.