CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN POR MATERNIDADE/PATERNIDADE DUN AUTONOMO
Orde do 17.10.2017 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, publicada no DOG nº205, do 27.10.2017.
Obxecto:
Regular as axudas a autónomos que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, amplíen a contratación da persoa que tiñan contratada para cubrir a dita baixa.
Beneficiarios:
Autónomos que tivesen realizado un contrato de interinidade por maternidade ou paternidade cunha persoa desempregada e, no prazo dos 15 días seguintes á súa finalización, realicen outro contrato coa mesma persoa entre o 01.01.2017 e o 31.10.2017.
Importe:
O 100% da cota empresarial da Seguridade Social, incluídos AT e EP, correspondente á persoa contratada durante un máximo de 16 semanas.
Prazo (solicitude por medios electrónicos en https://sede.xunta.gal):
Para contratacións realizadas entre o 01.01.2017 e o 27.10.2017, ata o 27.11.2017. Para contratacións realizadas entre o 28.10.2017 e o 31.10.2017, o prazo será dun mes desde a contratación.
Máis información:
CONCELLO DE ARTEIXO
Concellería de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº 981640572