Atrás

Axudas da Xunta de Galicia para a promoción e consolidación de autónomos

Orde do 7 de febreiro de 2017 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, publicada no DOG nº50, do 13 de marzo do 2017.

OBXECTO:

Promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada por autónomos en Galicia.

PROGRAMAS:

I.- Promoción do emprego autónomo: incentivándose as altas na Seguridade Social de autónomos desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017.

II.- Axudas á autónomos pola contratación indefinida de persoas desempregadas desde o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017.

PRAZO (por medios electrónicos):

Programa I: Desde o 14 de Marzo ata o 30 de setembro de 2017 (por orde de entrada en rexistro).

Programa II: Contratacións desde o 1 de outubro de 2016 e o 13 de marzo de 2017 – ata ó 13 de maio de 2017. Contratacións realizadas desde o 14 de marzo de 2017 – último día do segundo mes seguinte á data de contratación. Fin do prazo xeral: 30 de setembro de 2017.

Enlace ao BOP.

Máis información en:
CENTRO ARTEIXO INNOVACION
Concelleria de Promoción Económica e Turismo
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfno.: 981640572