Atrás

A Concellería de Promoción e Desenvolvemento pon en marcha "Activa 2.0"

Trátase dun plan de formación para mellorar as oportunidades de inserción laboral a través do uso de novas tecnoloxías. O obxectivo é contribuír e fomentar o emprego da veciñanza do municipio.

Obxecto:

  • Con este proxecto preténdese fomentar o autocoñecemento e a análise dun mesmo para poder acceder ao mercado laboral

Contidos:

  • O emprendemento (30 horas)
  • Marca persoal (25 horas)
  • Videocurriculum (25 horas)

Destinatarios/requisitos:

  • Estar empadroado no Concello de Arteixo
  • Ser demandante de emprego

Prazo de inscrición:

  • A inscrición realizarase do 07 ao 16 de novembro (ambos inclusive) mediante anexo de solicitude publicado na web municipal ou facilitado no Dpto. de Formación e Emprego (Centro Arteixo Innovación)

Datas previstas de realización:

  • Dende o 21 de Novembro ao 19 de Decembro en horario de 16:00 a 21:00 horas

Procedemento de selección:

  • No caso de que o número de persoas solicitantes supere o número de prazas ofertadas, realizarase un sorteo público o día 17 de Novembro as 10:00 h no Centro Arteixo Innovación. A continuación publicarase o resultado das persoas admitidas na web municipal

Anexo de Solicitude

Máis información en:
CENTRO ARTEIXO INNOVACION
Concelleria de Promoción Económica e Turismo
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº981640572.

Subvencionado por:

Logo Deputacion da Coruña