Atrás

9º Plan Municipal de formación para o emprego

O departamento de emprego organiza cursos para formar profesionais en atención sociosanitaria, agricultura ecolóxica, salvamento acuático, cociña ou caixeiro entre outros

Publicamos as bases da convocatoria e a folla de inscrición. O prazo de inscrición será do 13 ao 17de febreiro de 2017

O prazo de presentación de solicitudes poderá ampliarse en función de calquera incidencia que se produza, sempre co obxectivo de mellorar o propio procedemento e os obxectivos de formación.

As persoas que estean interesadas en participar nas probas de selección deberán aportar a seguinte documentación:

  • Solicitude de inscrición
  • Copia da demanda de emprego actualizada
  • Copia do currículo vitae
  • Certificado expedido polo Servizo Público de Emprego, para acreditar a condición de parados de longa duración
  • En caso de cursos conducentes a obtención de certificados de profesionalidade, copia cotexada titulación requirida para ter acceso á acción formativa

O número máximo de cursos que se poden solicitar por persoa é de tres.

O día 21 de febreiro de 2017 publicarase no Taboeiro de Edictos Municipais e na páxina web do Concello as datas e horas das entrevistas persoais dos candidatos.

As probas de selección consistirán nunha entrevista persoal, onde se terán en conta os criterios de baremación dos cursos. Valoraranse aspectos como a motivación da persoa e a adecuación da opción formativa solicitada á súa traxectoria formativa e profesional. Para o curso de Socorrismo en espazos acuáticos naturais, ademáis, os/as candidatos/as deberán realizar unha proba física, consistente na demostración de actitude física axeitada para comprobar a capacidade de nado de cada aspirante, 200 Metros nado libre.

As persoas que desexen máis información sobre as accións formativas e/ou a documentación a aportar poden poñerse en contacto co:

Departamento de Promoción e Desenvolvemento
Centro Arteixo Innovación
Ave. Arsenio Iglesias s/n
Polígono de Sabón, parcela 46