8º PLAN MUNICIPAL DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO
O departamento de emprego organiza cursos para formar profesionais en atención sociosanitaria, cociña e restaurante, operario de caixa e auxiliares de servizos administrativos, entre outros
Publicamos as bases da convocatoria e a folla de inscrición. O prazo ábrese o 4 de abril próximo
O concello de Arteixo aproba a organización de cinco novos cursos laborais con prácticas en empresas con prazas para 90 personas. Poderán participar no proceso de selección aquelas persoas desempregadas e inscritas como tal no Servizo Público de Emprego de Galicia e que residan no municipio.
As bases da convocatoria indican que terán preferencia para participar nestes cursos as persoas que non asistiron a ningún curso de formación para o emprego convocado polo concello nos dous últimos anos, asi como as persoas que non houberan rexeitado participar en algún de estes cursos nos últimos 2 anos.
Aqueles que desexen máis información poden poñerse en contacto co departamento de Promoción Económica e Turismo, no Centro Arteixo Innovación na Avda Arsenio Iglesias s/n Polígono de Sabón, parcela 46 Teléfono. Tamén no teléfono 981 640 572.
As inscripcións realizaranse entre o 4 e o 8 de abril, e o día 14 de abril publicarase a lista de admitidos.
- Ver tríptico informativo ( Descarregar as Bases )
- Descargar folla de inscrición ( Preme aquí )