A Área de Promoción Económica de Arteixo presta os seus servizos formativos á comunidade a través do Centro Arteixo Innovación, proporcionándolle aos/a traballadores/as inactivos/as un recurso para mellorar a súa capacidade de inserción. Por medio da formación nas diversas especialidades homologadas no centro, o alumnado accede a unha mellor capacitación, así como á adquisición das actitudes e habilidades necesarias para promoverse profesionalmente.

As accións formativas levadas a cabo polo Centro Arteixo Innovación realízanse de acordo cunha política de calidade que se concreta en obxectivos coherentes con aquela, e que está suxeita á revisión e mellora continua, o igual que a totalidade do Sistema de Xestión. Para elo, o Sistema de Xestión de Calidade do Centro Arteixo Innovación, sempre orientado á satisfacción das necesidades e expectativas dos/as seus/súas usuarios/as, actúa como marco de referencia para o establecemento e revisión dos citados obxectivos.

A Área de Promoción Económica de Arteixo, conta cun Servizo de Orientación Laboral e Asesoramento a Emprendedores/as, baseado na información, orientación e busca activa de emprego, como ferramenta para facilitar o acceso ao mercado de traballo, fomentar o emprego e mellora da súa calidade, así como a incentivar as novas iniciativas empresarias. Ademais, xestiona unha Bolsa de Emprego Municipal a través dunha plataforma propia, facilitando a  inserción laboral dos/as demandantes de emprego e proporcionando candidatos/as ás empresas interesadas .

Por último, a Dirección do Área de Promoción Económica de Arteixo está comprometida co cumprimento dos requisitos que poidan afectar ao funcionamento do centro, xa sexan de carácter legal, ou propios das esixencias da norma de referencia UNE-EN-ISO 9001:2015 pola que se rexe o Sistema de Xestión de Calidade para o seguinte alcance:
A. A xestión da impartición da formación profesional para o emprego nas áreas de servizos socioculturais e á comunidade.
B. Prestación de servizos de orientación laboral, de asesoramento a emprendedores e empresarios y de intermediación laboral (bolsa municipal de emprego).

C. Deseño e a xestión da impartición de formación profesional para o emprego nas áreas de hostalaría y turismo.

Esta Política de calidade, ten sido comunicada a todo o persoal do Centro, e todo o persoal do centro a comprende e asume.