Condicións xerais do servizo web da bolsa local de emprego do concello de Arteixo

O presente sitio Web www.arteixo.org/servicios/cfo/ é propiedade e está xestionado polo Concello de Arteixo, Área de Formación e Emprego do Centro de Servizos Sociais (en diante "BOLSA DE EMPREGO" ou "FORMACIÓN E EMPREGO") cuxos datos completos son os seguintes:

CONCELLO DE ARTEIXO
ÁREA DE FORMACIÓN E EMPREGO
SERVIZO DE EMPREGO - BOLSA DE EMPREGO ON-LINE
CENTRO DE SERVIZOS SOCIAIS
CIF: P-1500500-B
r/ Ría de Noia, nº 2, piso 2º
15142 Arteixo (A Coruña)
España
Tel.: +34 981 640 726 / 981 640 836 / 981 640 572
Fax: + 34 981 641 166
e-mail: bolsa.emprego@arteixo.dicoruna.es
 

Dereitos e obrigas da persoa usuaria

A utilización de calquera dos servizos ofrecidos no sitio web atribúe, desde o seu comezo, a condición de usuario e será considerada a aceptación expresa, voluntaria e sen reservas destas condicións xerais.

A persoa usuaria que accede ao sitio web debe cumprir estas condicións xerais e as especiais instrucións de uso que se lle mostren en cada momento. Así mesmo, comprométese a obrar sempre consonte á lei, ós bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia axeitada á natureza do servizo do que goza. Así a usuaria/o non poderá efectuar modificación nin alteración ningunha dos contidos do sitio web, a excepción dos datos que o propio usuario/a teña introducido, nin prexudicará de forma ningunha a súa integridade ou funcionamento.

Os datos persoais que deban facilitar as persoas usuarias para acceder aos devanditos servizos quedarán sometidos á lexislación xeral en materia de protección de datos. Quedarán rexistrados nas bases de datos , propiedade de FORMACIÓN E EMPREGO, amparadas pola Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal.

FORMACIÓN E EMPREGO poderá suprimir ou suspender o acceso ao sitio web da persoa usuaria que teña incumprido calquera das obrigas expresadas nestas condicións xerais. A persoa usuaria que incumpra intencional ou de xeito culpable calquera das precedentes obrigas responderá de todos os danos e perdas que, como consecuencia, cause a FORMACIÓN E EMPREGO ou a un terceiro

Protección de datos

Para os efectos da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal (LOPD), informámoslle á persoa usuaria de que os datos de carácter persoal referentes a persoas físicas, obtidos en calquera das seccións do sitio web, ou calquera outros proporcionados pola persoa usuaria ao longo da relación con Concello de Arteixo, Área de formación e emprego do centros de servizos sociais, así coma aqueles que se recollan como consecuencia da relación que se estabeleza, serán incluídos no ficheiro "Bolsa Local de Emprego", debidamente inscrito no Rexistro xeral da axencia española de protección de datos, cuxo responsábel é o Concello de Arteixo, Área de formación e emprego do centro de servizos sociais, e cuxa finalidade é a busca de emprego para os subscritores en base ás ofertas recibidas de empresas e particulares, así coma a promoción do seu perfil profesional de con terceiros interesados e o público en xeral a través de distintos medios incluíndo Internet.

Mediante a entrega dos seus datos, a persoa interesada autoriza expresamente á Área de formación e emprego do centro de servizos sociais do Concello de Arteixo para que poida comunicar ditos datos ás empresas oferentes de emprego, dentro do perfil elixido.

Os datos persoais obtidos por BOLSA DE EMPREGO / FORMACIÓN E EMPREGO gozarán da protección axeitada consonte ao estabelecido no Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do desenvolvemento da LOPD.

Por medio da aceptación das presentes condicións xerais, a persoa usuaria garante que os datos e informacións proporcionados a BOLSA DE EMPREGO / FORMACIÓN E EMPREGO a través do sitio web ou por calquera outro medio son os seus propios; en caso contrario, a persoa usuaria garante dispoñer do consentimento expreso dos titulares dos datos e informacións para a súa comunicación a, BOLSA DE EMPRGO / FORMACIÓN E EMPREGO co obxecto de que poidan ser incorporados aos nosos ficheiros nas condicións e coas finalidades estabelecidas nas presentes condicións xerais.

A persoa interesadas poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os seus datos dirixíndose ao citado responsábel do ficheiro na rúa Ría de Noia, nº 2, referencia: "Protección de Datos", a través dun escrito asinado para o efecto e achegando fotocopia do seu DNI.

Responsabilidade de servizos sociais de arteixo

BOLSA DE EMPREGO / FORMACIÓN E EMRPEGO reserva o dereito de realizar modificacións no sitio web, así coma nestas condicións xerais.

Por outra banda, e dada a especial natureza do medio escollido para comunicarse cos usuarios, BOLSA DE EMPREGO / FORMACIÓN E EMPREGO non poden asumir responsabilidade:

  1. Pola imposibilidade temporal de acceso ao sitio web nun momento determinado ou á información concreta de entre os incluídos na BOLSA DE MPREGO / FORMACIÓN E EMPREGO ou naqueles sitios web aos que a persoa usuaria acceda mediante enlaces de hipertexto situados no sitio web.
  2. Pola exactitude ou actualidade dos contidos, informacións e ofertas de produtos e servizos subministrados.

No sitio web existen informacións simplificadas ou ben redactadas co ánimo de facer máis doada a súa comprensión pola persoa usuaria de nivel medio, polo que a BOLSA DE EMRPEGO / FORMACIÓN E EMPREGO non se fai responsábel polas interpretacións erróneas a que poida dar orixe a información aquí presentada, agás actuación neglixente por parte da BOLSA DE EMPREGO / FORMACIÓN E EMPREGO no exercicio das súas funcións, tal e como se describen nas presentes condicións xerais.

BOLSA DE EMPREGO / FORMACIÓN E EMPREGO non responderá en ningún caso polos danos xerados como consecuencia de feitos fortuítos ou imprevisíbeis, nin por aqueles que sexan consecuencia do comportamento neglixente da persoa usuaria.

Propiedade intelectual e industrial

Todos os contidos, marcas, deseños, logos, iconas, botóns, software, nomes comerciais, nomes de dominio e calquera outro signo ou elemento susceptíbel de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do sitio web son propiedade de BOLSA DE EMPREGO / FORMACIÓN E EMPREGO ou de dominio público ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no sitio web e que figuran como autores ou titulares dos dereitos.

En ningún caso se entenderá que se concede licenza ningunha ou que se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial de ditos dereitos, nin se confire ningún dereito , e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre ditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito de BOLSA DE EMPREGO / FORMACIÓN E EMPREGO ou dos terceiros correspondentes.

As violacións de calquera dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial aos que se refire este apartado serán perseguidas mediante as accións penais e civís contempladas na lexislación vixente.

Xurisdición

Todo litixio ou controversia que xurda entre BOLSA DE EMPREGO / FORMACIÓN E EMPREGO e unha persoa usuaria sobre a interpretación ou a aplicación destas condicións xerais ou, en xeral, relacionado de maneira directa ou indirecta coa utilización dos servizos ofrecidos no sitio web será resolto polos xulgados e tribunais de Arteixo e A Coruña.

Como requisito previo ao comezo do litixio, BOLSA DE EMPREGO /FORMACIÓN E EMPREGO e a persoa usuaria obríganse a negociar de boa fe para resolver o litixio ou controversia durante o prazo de un (1) mes contado desde a data en que unha das partes notifique por escrito á outra a súa pretensión potencialmente litixiosa.

Comunicacións

Para calquera comunicación que sexa precisa entre BOLSA DE EMPREGO / FORMACIÓN E EMPREGO a persoa usuaria , este deberá dirixirse ao domicilio indicado de BOLSA DE EMPREGO / FORMACIÓN E EMPREGO, mediante calquera dos distintos medios de comunicación (correo certificado ou e-mail) que se indican na sección CONTACTO da web.

As comunicacións de BOLSA DE EMPREGO / FORMACIÓN E EMPREGO á persoa usuaria realizaranse mediante os datos achegados por este ao rexistrarse no sitio web ou mediante os datos proporcionados na primeira comunicación enviada pola persoa usuaria.