Atrás

SUBVENCIONS PARA O FOMENTO DO EMPREGO EN COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS E A PROMOCION DO COOPERATIVISMO PARA O ANO 2015

BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIONS PARA O FOMENTO DO EMPREGO EN COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS E A PROMOCION DO COOPERATIVISMO PARA O ANO 2015

 

(Orde da Xunta de Galicia do 3 de xullo de 2015, publicada no DOG nº133, do 16 de xullo de 2015).

 

OBXECTO

 

Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e apoiar o desenvolvemento de proxectos de emprendemento, a través dos seguintes programas:

 

  • Programa I. Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
  • Programa II. Fomento do acceso á condición de socio/a.
  • Programa III. Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.
  • Programa IV. Promoción das cooperativas xuvenís.

 

PERSOAS BENEFICIARIAS E AXUDAS

 

  • Programa I – Cooperativas e Sociedades Laborais que incorporen socios traballadores ou de traballo desempregados ou que estivesen vinculados coa mesma por un contrato de traballo de 6 a 24 meses.. As contías oscilan entre os 5.500 € e os 10.000 €, dependendo do perfil do socio incorporado (cooperativas xuvenís incremento 25% das contías).
  • Programa II – Persoas desempregadas ou en mellora de emprego, asalariadas ou a proba en cooperativas ou sociedades laborais, ou socios que se transformen en que cooperativa ou sociedade laboral, e accedan á condición de socio dunha cooperativa ou sociedade laboral. As contías oscilan entre os 3.000 € aos 4.500 €.
  • Programa III – Fomento do cooperativismo e a economía social, tanto de nova creación como xa existentes, mediante subvencións para gastos de constitución, formación empresarial ou para o asesoramento e acompañamento de proxectos.
  • Programa IV – Promoción das cooperativas xuvenís (16-29 anos), ata o 75% dos gastos correntes derivados do inicio da actividade.

 

PRAZO DE SOLICITUDES

Un mes desde o día seguinte á publicación no DOGA (ata 17-08-2015).

 

Máis información en:

CENTRO ARTEIXO INNOVACION

Concelleria de Promoción e Desenvolvemento

Tfº981640572.

 

Enlace DOGA