Atrás

Subvención Promoción Emprego Autónomo Xunta de Galicia.

PROGRAMA PARA A PROMOCION DO EMPREGO AUTONOMO PARA O ANO 2016

 

 

Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 28 de decembro 2015, publicada no DOG nº247, de 29 de decembro de 2015.

 

Obxecto e finalidade:

 

A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia (altas formalizadas entre o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016).

 

Tipos de axudas:

 

  • Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil (para menores de 30 anos).
  • Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

 

 

O prazo de solicitude das subvencións será do 30 de decembro de 2015 ao día 29 de febreiro de 2016.