Atrás

PROGRAMA PARA A PROMOCION DO EMPREGO AUTONOMO PARA PERSOAS NOVAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL PARA O ANO 2015

PROGRAMA PARA A PROMOCION DO EMPREGO AUTONOMO PARA PERSOAS NOVAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL PARA O ANO 2015

 

 

Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 12 de agosto 2015, publicada no DOG nº157, de 19 de agosto de 2015.

 

A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas novas desempregadas que figuren inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil como interesadas en recibir as accións executadas no contexto da garantía xuvenil e que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia (altas entre o 01-10-2014 e o 30-09-2015).

 

Tipos de axudas:

 

  • Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil.
  • Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

 

 

O prazo de solicitude das subvencións será do 20 de agosto de 2015 ao día 30 de setembro de 2015.

 

 

 

 

Arteixo, a 19 de Agosto de 2.015.

 

 

 

 

Máis información:

CONCELLO DE ARTEIXO

Concellería de Promoción e Desenvolvemento

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº 981640572