Atrás

PROGRAMA PARA A PROMOCION DO EMPREGO AUTONOMO PARA O ANO 2015

PROGRAMA PARA A PROMOCION DO EMPREGO AUTONOMO PARA O ANO 2015

 

 

Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 12 de agosto 2015, publicada no DOG nº157, de 19 de agosto de 2015.

 

A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia (altas formalizadas entre o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015).

 

Tipos de axudas:

 

  • Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil (para menores de 30 anos).
  • Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

 

 

O prazo de solicitude das subvencións será do 20 de agosto de 2015 ao día 19 de setembro de 2015.

 

 

 

 

Arteixo, a 19 de Agosto de 2.015.

 

 

 

 

Máis información:

CONCELLO DE ARTEIXO

Concellería de Promoción e Desenvolvemento

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº 981640572