Atrás

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO 2015-2016 (ARTEIXO INTEGRA 2015-2016)

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO 2015-2016

(ARTEIXO INTEGRA 2015-2016)

 

 

O Concello de Arteixo coa cofinanciación da Conselleria de Traballo e Benestar vai a por en marcha un Programa Integrado de Emprego para os anos 2015-2016, denominado "Arteixo-Integra 2015-2016".

Os Programas Integrados teñen por obxecto á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadores en situación de desemprego, mediante a posta en marcha dun plan integral que combine accións de información, orientación, asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxías, técnicas de intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes e prácticas profesionais non laborais.

            Este Programa Integrado "Arteixo-Integra 2015-2016" irá destinado para un total de 90 persoas desempregadas pertencentes aos seguintes colectivos:

  • 40 persoas desempregadas perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego.
  • 20 desempregados menores de 30 anos.
  • 20 mulleres desempregadas.
  • 10 parados de longa duración.

Terá una duración de 12 meses e combinará accións de formación específica (operario de almacén, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, operacións básicas de restaurante e bar, caixeiro/repoñedor, operación básicas de cociña e acompañante de bus/comedor escolar) e accións de formación transversal a todos os alumnos (marca persoal, emprendemento, emprego 2.0, busca activa de emprego, prevención de riscos laborais, manipulador de alimentos ou alfabetización informática). Asimesmo, durante o Programa, os alumnos realizar prácticas laborales en empresas que faciliten a súa inserción laboral, e sesión individuais con persoas especializadas.

A data para o comenzo das accións formativas está prevista para o vindeiro mes de outubro. A preselección de candidatos para este programa realizarase dende a oficina de emprego, sendo a posterior selección definitiva por parte dos técnicos do Departamento de Promoción Económica do Concello de Arteixo. Os interesados en formar parte dun Programa Integrado deben ter anotado na Oficina de Emprego o código 930 de Programa Experimentais.

 

Para máis información deben dirixirse a Concellaría de Promoción Económica e Turismo, sita no Centro Arteixo Innovación (Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46). Tfº 981640572.