Atrás

PROGRAMA DE INCENTIVOS AO AUTOEMPREGO COLECTIVO DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL PARA O ANO 2015

PROGRAMA DE INCENTIVOS AO AUTOEMPREGO COLECTIVO DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL PARA O ANO 2015

 

 

Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 18 de agosto 2015, publicada no DOG nº163, de 27 de agosto de 2015.

 

OBXECTO:

Subvencións para o fomento do autoemprego en cooperativas e sociedades laborais da mocidade inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a través de dous programas:

 

  • Programa I, para incorporación a cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR807G), ao que se poden acoller as sociedades cooperativas galegas e sociedades laborais, que incorporen mozos/as inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Programa II, para fomento do emprendemento (procedemento TR807H), ao que se poden acoller os mozos/as inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen a unha cooperativa en condición de socios, con compromiso de exclusividade para comercializar os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen.

 

 

PRAZO DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será a partir do 28 de Agosto ata o 30 de setembro de 2015. O período de execución das accións abranguerá desde o 1 de xaneiro ao 14 de novembro de 2015.

 

Máis información en:

CENTRO ARTEIXO INNOVACION

Concelleria de Promoción e Desenvolvemento

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº981640572

 

 

 

 

Arteixo, a 27 de Agosto de 2.015.