Atrás

PROGRAMA DE APOIO FINANCEIRO AS PEMES (préstamos inferiores a 25.000,00 €)

 

PROGRAMA DE APOIO FINANCEIRO AS PEMES (préstamos inferiores a 25.000,00 €)

(DOGA Nº115 de 19 de xuño de 2015)

 

 

 

Obxecto

 

Bonificación dos custos de financiamento das pequenas e medianas empresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores a 25.000 €, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o IGAPE, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

 

 

Beneficiarios

 

Autónomos e aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa. Terán que ter formalizada unha operación de préstamo, previamente ou con poste­rioridade á entrada en vigor das presentes bases, con fondos do ICO das liñas ICO-Empre­sas e Emprendedores 2015, ICO-Garantía SGR/SAECA 2015 ou ben con fondos da propia entidade financeira sempre que estean avalados por unha SGR.

 

 

Tipos de axudas

 

  • Bonificación do tipo de xuro.
  • Axuda financeira.
  • Compensación da comisión do aval financeiro.

 

 

Prazo

 

Desde o día 20 de xuño de 2015 ata o día 30 de outubro de 2015.

 

 

Consultar o DOGA

 

Máis información:

CONCELLO DE ARTEIXO

Concellería de Promoción Económica e Turismo

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº 981640572