Atrás

INCENTIVOS Á CONTRATACION DAS PERSOAS DESEMPREGADAS EN SITUACION OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

Promoción e Desenvovemento

 

INCENTIVOS Á CONTRATACION DAS PERSOAS DESEMPREGADAS EN SITUACION OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

 

(Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 29 de xullo de 2015, publicado no DOG nº151, de 11 de agosto de 2015).

 

OBXECTO

 

Incentivar á contratación temporal das persoas desempregadas en situación ou en risco de exclusión social coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e ocupabilidade.

 

PERSOAS BENEFICIARIAS

 

Persoas empregadoras e as empresas que contraten traballadores/as por conta allea para prestar servizos en centros de traballo de Galicia (agás contratos realizados co cónxuxe, ascendentes ou descendentes ata segundo grado inclusive), de acordo cos requisitos e condicións establecidas.

 

CONTIAS

 

As contías dos incentivos, que se calculan en función da duración do contrato temporal (mínimo 6 meses), irán dos 2.500,00 € aos 5.000,00 €, e proporcional ao tempo efectivo de traballo.

 

PRAZO DE SOLICITUDES

 

As axudas previstas neste programa poderán solicitarse ata o 30 de setembro 2015.

Máis información en:

CENTRO ARTEIXO INNOVACION

Concelleria de Promoción e Desenvolvemento

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº981640572.

 

Enlace DOGA