Atrás

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (NIVEL BÁSICO)

 

FORMACION EN PREVENCION DE RISCOS LABORAIS (NIVEL BASICO) (25 prazas)

 

1.- OBXECTIVO:

  • Coñecer o marco normativo básico en PRL.
  • Coñecer os sistemas elementais de control de riscos e medios de protección colectiva e individual e a sinalización de seguridade.
  • Informar sobre os riscos específicos e a súa prevención nas diferentes fases da obra.
  • Adquirir a formación de Primeiro ciclo de cara á obtención da TPC e cumprimento do Convenio Xeral Sector Construción 2012-2016 e cumprimento do Acordo Estatal do Metal do ano 2009.

 

2.- CONTIDO (60 h – 20h presenciais e 40 h a distancia-):

1.- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde.

2.- Riscos xerais e a súa prevención.

3.- Riscos específicos e a súa prevención no sector da construción.

4.- Elementos básicos de xestión da prevención de riscos.

5.- Primeiros auxilios e medidas de emerxencia.

 

3.- PERSOAS DESTINATARIAS. REQUISITOS:

  • Estar empadroada/o no Concello de Arteixo antes do 01-01-2015.
  • Ser demandante de emprego.

 

A inscrición realizarase do 14 ao 18 de setembro (ambos inclusive) mediante anexo de solicitude publicado na web municipal ou facilitado no Dpto. de Promoción e Desenvolvemento (Centro Arteixo Innovación).

 

4.- DATAS APROXIMADAS:

  • SESIONS PRESENCIAIS (20 h): 23, 24, 25 e 28 de setembro, en horario de 09:00 h a 14:00 h.

 

5.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN:

No caso de que o número de persoas solicitantes supere o número de prazas ofertadas, realizarase un sorteo público o día 21 de setembro ás 10:00 h no Centro Arteixo Innovación. A continuación publicarase o resultado das persoas admitidas na web municipal.

 

ANEXO SOLICITUDE:/documents/20182/0/ANEXO.doc/11841b3b-bb50-4d7d-9a77-86732d436fb1