Atrás

CURSO BASICO SOBRE SEGURIDADE E HIXIENE NO TRABALLO PARA TRABALLADORES DAS EMPRESAS AUXILIARES DA INDUSTRIA PETROQUIMICA E REFINO DO PETROLEO

CURSO BASICO SOBRE SEGURIDADE E HIXIENE NO TRABALLO PARA TRABALLADORES DAS EMPRESAS AUXILIARES DA INDUSTRIA PETROQUIMICA E REFINO DO PETROLEO (30 prazas)

 

1.- OBXECTIVO:

  • Sensibilizar aos alumnos na prevención de riscos laborais.
  • Formar en Seguridade Industrial.
  • Coñecer os riscos específicos do traballo no Complexo Industrial (espazos confinados, permisos de traballo, presenza de ácido sulfídrico….).

 

2.- CONTIDO (10 h presenciais):

1.- Lexislación en Materia de Prevención de Riscos Laborais.

2.- Seguridade no traballo.

3.- Fogo e combustión.

4.- O traballo na Industria Petroquímica e de Refino do Petróleo.

5.- Xestión Medioambiental.

6.- Rescate e Primeiros Auxilios.

 

3.- PERSOAS DESTINATARIAS. REQUISITOS:

  • Estar empadroada/o no Concello de Arteixo antes do 01-01-2015.
  • Ser demandante de emprego.

 

A inscrición realizarase do 14 ao 18 de setembro (ambos inclusive) mediante anexo de solicitude publicado na web municipal ou facilitado no Dpto. de Promoción e Desenvolvemento (Centro Arteixo Innovación).

 

4.- DATAS APROXIMADAS:

  • SESIONS PRESENCIAIS (10 h): o 29 de setembro, pola mañá, en horario de 09:00 h a 14:00 h, e pola tarde, en horario de 15:00 h a 20:00 h.

 

5.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN:

No caso de que o número de persoas solicitantes supere o número de prazas ofertadas, realizarase un sorteo público o día 21 de setembro ás 10:00 h no Centro Arteixo Innovación. A continuación publicarase o resultado das persoas admitidas na web municipal.

ANEXO SOLICITUDE:

/documents/20182/0/ANEXO.doc/11841b3b-bb50-4d7d-9a77-86732d436fb1