Atrás

AMPLÍASE PRAZO INSCRICIÓN CURSO BÁSICO DE SEGURIDADE E HIXIENE NO TRABALLO PARA TRABALLADORES DA INDUSTRIA PETROQUIMICA

Curso básico sobre seguridade e hixiene no traballo para traballadores das empresas auxiliares da industria petroquímica e refino do petróleo. (30 prazas)

Amplíase o prazo ata o próximo venres 25 de de setembro

 

Obxectivo:

  • Sensibilizar aos alumnos na prevención de riscos laboráis
  • Formar en Seguridade Industrial
  • Coñecer os riscos específicos do traballo no Complexo Industrial (espazos confinados, permisos de traballo, presenza de ácido sulfídrico...)

Contido:

  • Lexislación en Materia de Prevención de Riscos Laborais
  • Seguridade no traballo
  • Fogo e combustión
  • O traballo na Industria Petroquímica e de Refino do Petróleo
  • Xestión Medioambiental
  • Rescate e primeiros auxilios

Destinatarios. Requisitos:

  • Estar empadroado no Concello de Arteixo antes do 01-01-2015
  • Ser demandante de emprego

A inscripción realizarase do 14 ao 25 de setembro (ambos inclusive) mediante anexo de solicitude publicado na web municipal ou facilitado no Dpto. de Promoción e Desenvolvemento (Centro Arteixo Innovación).

Datas aproximadas:

  • Sesións presenciais (10 h).O 29 de setembro, pola mañá, en horario de 09:00 h a 14:00 h, e pola tarde, en horario de 15:00 h a 20:00 h.

Procedemento de selección

  • No caso de que o número de persoas solicitantes supere o número de prazas ofertadas, realizarase un sorteo público o día 21 de setembro ás 10:00 h no Centro Arteixo Innovación. A continuación publicarase o resultado das persoas admitidas na web municipal

 

Adxunto: Anexo de Solicitude