Atrás

XORNADAS DE COCIÑA DE NADAL

O día 1 de decembro ábrese o prazo para participar nesta tradicional cita gastronómica do Concello de Arteixo

O Centro de hostalería SUCASA acolle, un ano máis, as tradicionais xornadas de cociña do nadal. Será entre o 15 e o 19 de decembro en horario de 16.30 h a 19.30 h.

Os interesados en mellorar as súas citas navideñas deben de se inscribir, a partir do 1 de decembro próximo, no Departamento de Promoción Económica, Centro Arteixo Innovación, Avda. Arsenio Iglesias Parcela 46, Polígono de Sabón, en horário de 9 a 14 de luns a venres e de 16:30 a 18:30 de luns a xoves.

O prazo de inscrición remata o dia 11 de decembro as 18:30 horas.

A selección das persoas participantes, só hai dispoñibles 20 prazas, será un sorteo público o dia 12 de decembro as 10:00, nas instalacións do Departamento de Promoción Económica.

Inmediatamente farese a publicación das persoas admitidas nesta web municipal.