Atrás

XORNADA TÉCNICA: LIÑAS DE FINANCIAMENTO ENISA-IGAPE/JEREMIE 2014

XORNADA  TÉCNICA: LIÑAS DE FINANCIAMENTO ENISA-IGAPE/JEREMIE 2014

O próximo xoves, día 6 de novembro,  apartir das 10 da mañá, desenvolverase en Santiago de Compostela unha xornada técnica sobre as liñas de financiamento empresarial da Empresa Nacional de Innovación (ENISA) e da Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e Xesgalicia.

A xornada técnica contará coa presenza de responsables de ENISA para informar sobre os préstamos participativos que ofrece a sociedade estatal, e incluirá igualmente un relatorio específico sobre o programa integral de financiamento Galicia 1.000, con especial incidencia na liña de préstamos directos IGAPE/JEREMIE.

A xornada técnica desenvolverase no salón de actos do Edificio administrativo do SERGAS, en San Lázaro, s/n.

Programa e inscricións

www.igape.es