Atrás

Subvencións para a promoción do emprego autónomo de xoves menores de trinta anos

O programa pretende promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas xoves desempregadas

A Xunta de Galicia ven de anunciar a posta en marcha dun novo programa para a promoción do emprego.

Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo a menores de trinta anos que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores autónomos ou por conta propia.

As axudas se darán en forma de subvencións para iniciativas de autoemprego xuvenil; subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia e subvención financeira.

Pódense consultar as bases da convocatoria no seguinte enlace.