Atrás

SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA

Resolución do 8 de maio de 2014, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013

 

Obxecto
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quentamento dun fluído mediante equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible.


Beneficiarios
-As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.

-A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
-Persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro.

-Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións.


Requisitos e regras xerais

Todos os proxectos deberán cumprir os requisitos seguintes:

1. Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto unha vez presentada a solicitude.
2. Que se desenvolvan no territorio de Galicia exceptuando as zonas incluídas nos perímetros urbanos, definidos como tales no planeamento urbanístico vixente, das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Esta información pode ser consultada nos propios concellos ou na web:http://www.planeamentourbanistico.xunta.es
3. Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os cales foron aprobados. En ningún caso se admitirán fases de proxectos.
4. Que sexan viables técnicamente.

5. Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia enerxética.
6. Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.

7. Que o promotor do proxecto non teña sido sancionado pola Consellería do Medio Rural e do Mar por cometer infraccións en materia de subvencións no prazo dun ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.


Conceptos subvencionables

Serán subvencionables:

1. O custo do equipamento térmico e os seus accesorios.

2. O custo do sistema de almacenamento de combustible.

3. O custo do sistema de alimentación de combustible.

4. O custo de montaxe e conexionado.

 

En todos os casos, ata o valor de mercado.


Prazo

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.