SUBVENCIONS AO COMERCIO RETALLISTA E ARTESANAL
SUBVENCIONS AO COMERCIO RETALLISTA E ARTESANAL
(Orde do 30 de xaneiro de 2015, da Consellería de Economía e Industria, pola que se establecen subvencións para a mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego)
OBXECTO
Mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.
ACTUACIONS SUBVENCIONABLES
Gastos e investimentos que se realicen e xustifiquen entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 10 de outubro de 2015, é que afecten a:
1.- Comerciantes retallistas:
- Acondicionamento de local comercial.
- Mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento.
2.- Comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais:
- Ferramentas ou programas informáticos.
- Sistemas de empaquetado e etiquetaxe.
- Sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline.
- Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor.
3.- Federacións de comerciantes:
- M-commerce, aplicacións informáticas e webs para móviles.
4.- Asociacións profesionais de artesáns:
- Sistemas que complementen ao produto.
- Proxectos de novos produtos con colaboracións entre artesáns e
deseñadores.
PRAZO DE SOLICITUDES
Un mes desde o día seguinte á publicación no DOGA (ata 11-03-2015).
Máis información en:
CENTRO ARTEIXO INNOVACION
Concelleria de Promoción Económica e Turismo
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº981640572.
Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150211/AnuncioCA04-040215-0003_gl.pdf