Atrás

SUBVENCIÓNS A ESTABLECEMENTOS HOSTELEIROS RELACIONADOS COA MARCA Q

SUBVENCIÓNS A ESTABLECEMENTOS DE TURISMO RURAL, ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS, APARTAMENTOS E VIVENDAS TURÍSTICAS, CAMPAMENTOS DE TURISMO, AXENCIAS DE VIAXES, CAFETARÍAS, BARES, RESTAURANTES E EMPRESAS DE SERVIZOS TURÍSTICOS COMPLEMENTARIOS, NOS PROCESOS DE CERTIFICACIÓN, SEGUIMENTO E RENOVACIÓN DAS CORRESPONDENTES NORMAS UNE CO OBXECTO DA OBTENCIÓN E/OU MANTEMENTO DA MARCA Q DE CALIDADE TURÍSTICA DO INSTITUTO PARA A CALIDADE TURÍSTICA ESPAÑOLA (ICTE).

(Resolución do 04-03-2014, Axencia Turismo de Galicia)

(DOG DE 13-03-2014)

 

 

1.- Beneficiarios.

 

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas, as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens, que reúnan os re­quisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrita conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante REAT), a actividade turística para a cal se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

 

2. Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

 

 

2.- Obxecto da subvención.

 

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas cales se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Turismo de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafeta­rías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), así como efectuar a súa convocatoria para o ano 2014.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de conco­rrencia competitiva e quedará suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funciona­mento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352, do 24 de decembro).

Estas axudas axústanse ao obxecto establecido no eixe 5 (Desenvolvemento sustenta­ble local e urbano), tema prioritario 57 (Axudas á mellora dos servizos turísticos; actuacións de fomento do turismo, 5.57.2), do programa operativo de Galicia Feder 2007-2013.

 

 

 

3.- Solicitudes.

1. Os interesados presentarán preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo electrónico https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas enti­dades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por cal­quera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxi­me xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

2. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante.

A administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

 

 

4.- Prazo.

 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

 

Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil se­guinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

 

     Para máis información consultar:

 

DOG nº 50 de 13 de marzo de 2014 (páxinas 10.726 a 10.756).