Atrás

PROXECTO ACCION-EMPREGO “MONTICAÑO”

PROXECTO ACCION-EMPREGO "MONTICAÑO"

O Concello de Arteixo, a través da Concellaría de Promoción Económica e Turismo, co fin de levar a cabo o cumprimento do obxectivo de paliar o desemprego e mellorar a formación das persoas desempregadas, puxo en marcha un Obradoiro de Emprego chamado Acción-Emprego "Monticaño".

Este proxecto, financiado integramente con fondos municipais, está dirixido a desempregados menores de 30 anos sen titulación, e ten un doble obxectivo: por un lado, dar unha formación as persoas desempregadas de cara a mellorar a súa empregabiliade e a que logren reinsertarse laboralmente, e por outro ofrecer, durante 12 meses un posto de traballo a 30 persoas desempregadas a cambio do que recibirán un salario.

A formación que van a recibir estas persoas desempregadas, está vencellada a dous certificados de profesionalidade do sector agroforestal: actividades en viveiros, xardíns e centros de xardinería (nivel 1) e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (nivel 2), e será impartida por dous monitores y un director/tutor, polo que os alumnos ao terminar este taller de emprego satisfactoriamente recibiran dous diplomas acreditados pola Xunta de Galicia desta formación.

Ao mesmo tempo que reciben a formación realizarán prácticas e traballos de mantemento do Parque Forestal de Monticaño, onde poñeran en práctica os coñecementos teóricos recibidos, polo que recibirán un salario segundo o porcentaxe de xornada adicada aos traballos.