Atrás

Programa Integrado para o Emprego “Biosfera - Emprega” de Asociación as Mariñas-Betanzos

Inicio do Programa Integrado para o Emprego "Biosfera - Emprega", que se desenvolverá desde a Asociación Mariñas – Betanzos, entre os meses de
Outubro a Xuño do 2015.

O Programa "Biosfera – Emprega" ten como obxectivo impartir formación teórica/práctica, así como promover a integración laboral das persoas participantes, nos seguintes tres Itinerarios de traballo:

1.      Itinerario I. Formación e integración laboral no ámbito da produción hortofrutícola ecolóxica.

2.      Itinerario II. Formación e integración laboral no ámbito da agroindustria e elaboración artesá de transformados.

3.      Itinerario III. Formación e integración laboral no marco do Emprendemento Verde, con especial atención á utilización da biomasa como fonte enerxética, á bioconstrución e ao reemprego de Residuos Sólidos Urbanos.

Este Itinerario III estará dirixido a promover o emprendemento a través da formación, e o apoio e acompañamento técnico na formulación das ideas e plans de negocio dos participantes. Para levar a cabo estas accións, ademais do persoal técnico da Asociación Mariñas-Betanzos, cóntase coa participación do Unidade Galicia Emprende do IGAPE, a Fundación Juana de Vega, así como emprendedores e técnicos municipais.

   

Neste Programa prevese a participación de 75 persoas desempregadas (25 en cada un dos Itinearios) dos concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, A Coruña, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.

Entre os colectivos aos que vai dirixido este Programa hai que destacar os seguintes: persoas con discapacidade (6); menores de 30 anos con baixa cualificación (8); menores de 30 anos (8); mulleres (35); persoas desempregadas de longa duración (16) e persoas inmigrantes (2).

A selección de participantes levarase a cabo coordinadamente co Servizo Público de Emprego