Atrás

PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL (GALEUPROA)

PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL (GALEUPROA)

(Orde da Xunta de Galicia do 4 de xuño de 2015, publicada no DOG nº111, de 15 de xuño de 2015).

 

OBXECTO:

Establecer as bases reguladoras que rexerán os procedementos de concesión de axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos/as menores de 25 anos para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos, de modo que complementen a súa competencia profesional e persoal, incrementando así as súas posibilidades de inserción laboral.

 

BENEFICIARIOS:

Persoas desempregadas inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma Galicia.

 

CRITERIOS PARA O CALCULO DAS AXUDAS:

  • Apoio á organización e execución da mobilidade.
  • Viaxe.
  • Aloxamento e manutención das persoas participantes.
  • Apoio lingüístico.
  • Gastos excepcionais.

 

PROCEDEMENTOS DE CONCESION:

1.- Procedemento BS324A de axudas individuais a mozos/as de 18 a 25 anos, inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de garantía xuvenil de Galicia.

2.- Procedemento BS324B de axudas para proxectos de mobilidade transnacional de entidades sen ánimo de lucro de Galicia, destinado a mozos/as de 16 a 25 anos.

3.-Procedemento BS324C de axudas para proxectos de mobilidade transnacional de concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comuniade Autónoma de Galicia.

 

PRAZO

  • Para solicitar, ata o 15 de xullo de 2015.
  • Para realizar prácticas, ata o 30 de novembro de 2.015.
  • Duración mínima de 100 horas formativas.

 

Máis información en:

CENTRO ARTEIXO INNOVACION

Concelleria de Promoción Económica e Turismo

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº981640572.

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150615/AnuncioCA05-050615-0001_gl.html