PROGRAMA DE INCENTIVOS AO AUTOEMPREGO COLECTIVO DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL PARA O ANO 2015
PROGRAMA DE INCENTIVOS AO AUTOEMPREGO COLECTIVO DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL PARA O ANO 2015
Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 18 de agosto 2015, publicada no DOG nº163, de 27 de agosto de 2015.
OBXECTO:
Subvencións para o fomento do autoemprego en cooperativas e sociedades laborais da mocidade inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a través de dous programas:
- Programa I, para incorporación a cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR807G), ao que se poden acoller as sociedades cooperativas galegas e sociedades laborais, que incorporen mozos/as inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
- Programa II, para fomento do emprendemento (procedemento TR807H), ao que se poden acoller os mozos/as inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen a unha cooperativa en condición de socios, con compromiso de exclusividade para comercializar os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen.
PRAZO DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes será a partir do 28 de Agosto ata o 30 de setembro de 2015. O período de execución das accións abranguerá desde o 1 de xaneiro ao 14 de novembro de 2015.
Máis información en:
CENTRO ARTEIXO INNOVACION
Concelleria de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº981640572
Arteixo, a 27 de Agosto de 2.015.