Atrás

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á FORMACION E CONTRATACION (PROGRAMA FORCON)

(Orde da Xunta de Galicia do 13 de xuño 2014, publicada no DOG nº120, de 26 de xuño de 2014).

 

OBXECTO:

Convocar para o ano 2014 da fase de emprego do programa mixto de formación e contratación (Programa Forcon) dirixido a mozos e mozas con baixa cualificación que sexan contratados en ocupacións incluídas nos sectores estratéxicos de Galicia (relacionados coa economía verde, economía da saúde e economía do coñecemento).

 

CONTRATACIONS SUBVENCIONABLES:

As contratacións temporais, que se formalicen desde o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014 con persoas desempregadas menores de 30 anos que participasen na etapa formativa do Programa Forcom do ano 2013.

As transformacións en indefinidos dos contratos temporais formalizados con alumnos que participasen na etapa formativa do Programa Forcom do ano 2013.

 

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Entidades que pertencendo aos sectores estratéxicos, teñan a condición de entidade colaboradora.

 

PRAZO DE SOLICITUDES

As axudas previstas neste programa poderán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido.

As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2013 e a data de publicación desta orde (26-06-2014) poderán presentarse ata o día 26 de agosto de 2014.

 

Máis información en:

CENTRO ARTEIXO INNOVACION

Concelleria de Promoción Económica e Turismo

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº981640572.

Enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140626/AnuncioCA05-180614-0001_gl.pdf