Atrás

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á FORMACION ASOCIADA AOS CONTRATOS DE FORMACION E APRENDIZAXE (TR301Q)

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á FORMACION ASOCIADA AOS CONTRATOS DE FORMACION E APRENDIZAXE (TR301Q)

 

 

(Orde da Xunta de Galicia do 20 de abril de 2015, publicada no DOG nº78, de 27 de abril de 2015).

 

OBXECTO:

Subvencionarase a formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe, que exceda do 25% da xornada laboral, sempre que esta formación sirva para a obtención dun certificado de profesionalidade ou acreditación parcial acumulable.

 

CONTIAS:

Será o produto das horas de formación que excedan do 25% da xornada laboral asociadas aos contratos de formación e aprendizaxe, polo número de persoas contratadas e polo módulo económico (8,00€ para formación presencial e 5,00€ en teleformación).

 

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Persoas empregadoras, empresas e Entidade Locais que contraten traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados en Galicia.

 

PRAZO DE SOLICITUDES

As axudas previstas nesta Orde poderán solicitarse desde o 28 de abril de 2015 ata o 30 de setembro de 2015. Se a contratación subvencionable se formalizase entre o 1 de outubro de 2014 e o 27 de abril de 2015, o prazo será de ata o 27 de maio de 2015. Se a contratación subvencionable é posterior ao 27 de abril de 2015 o prazo será ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral.

 

Máis información en:

CENTRO ARTEIXO INNOVACION

Concelleria de Promoción Económica e Turismo

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº981640572.

Enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150427/AnuncioCA05-210415-0001_gl.pdf