PROGRAMA DE INCENTIVOS Á ACTIVIDADE LABORAL DO CONTRATO PARA A FORMACIÓN E A APRENDIZAXE (TR349G)
PROGRAMA DE INCENTIVOS Á ACTIVIDADE LABORAL DO CONTRATO PARA A FORMACIÓN E A APRENDIZAXE (TR349G)
(Orde da Xunta de Galicia do 20 de abril de 2015, publicada no DOG nº78, de 27 de abril de 2015).
OBXECTO:
Subvencionarase os contratos para a formación e aprendizaxe formalizados desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015.
CONTIAS:
Será de ata 1.200 € sempre que a duración sexa de doce meses e o tempo efectivo de traballo sexa igual ao 75% da xornada de traballo ou a parte proporcional se o contrato ou a xornada de traballo é menor.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Persoas empregadoras, empresas e Entidade Locais que contraten traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados en Galicia.
PRAZO DE SOLICITUDES
As axudas previstas nesta Orde poderán solicitarse desde o 28 de abril de 2015 ata o 30 de setembro de 2015. Se a contratación subvencionable se formalizase entre o 1 de outubro de 2014 e o 27 de abril de 2015, o prazo será de ata o 27 de maio de 2015. Se a contratación subvencionable é posterior ao 27 de abril de 2015 o prazo será ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral.
Máis información en:
CENTRO ARTEIXO INNOVACION
Concelleria de Promoción Económica e Turismo
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº981640572.
Enlace:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150427/AnuncioCA05-210415-0001_gl.pdf