Atrás

PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTONOMAS POLA CONTRATACION INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS

 

Orde da Xunta de Galicia do 30 de maio de 2014 publicado no DOG nº111, de 12 de xuño de 2014).

 

OBXECTO

Incentivar á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais (non S.C., nin C.B. ou autónomos colaboradores) con domicilio social e fiscal en Galicia, entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014.

 

PERSOAS BENEFICIARIAS

1.- Persoas traballadoras autónomas que realicen a primeira contratación con carácter indefinido durante o primeiro ano de actividade.

2.- Persoas traballadoras  autónomas pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

 

CONTIAS

Os incentivos varían segundo ás contratacións indefinidas sexan a tempo completo ou parcial e segundo o colectivo en que se encontre a persoa contratada.

 

PRAZO DE SOLICITUDES

As axudas previstas neste programa poderán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral de carácter indefinido. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro 2014. As solicitudes de axudas polas contratación realizadas entre o 1 de outubro de 2013 e a data de publicación desta orde (12-06-2014) poderán presentarse ata o 12 de xullo de 2014.

Máis información en:

CENTRO ARTEIXO INNOVACION

Concelleria de Promoción Económica e Turismo,

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº981640572.

 

Enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140612/AnuncioCA05-050614-0003_gl.pdf