Atrás

PLAN INTEGRADO DE EMPREGO 2014-2015 (ARTEIXO INTEGRA 2014-2015)

 

A Conselleria de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, por terceiro ano consecutivo, concedeu unha subvención ao Concello de Arteixo para desenvolver un Programa Integrado de Emprego para os anos 2014-2015.

Os Programas Integrados teñen por obxecto á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadores en situación de desemprego, mediante a posta en marcha dun plan integral que combine accións de información, orientación, asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral, e movilidade xeográfica.

            O Programa Integrado "Arteixo-Integra 2014-2015" será cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar con un total de 107.790,00 €, para un total de 90 persoas desempregadas pertencentes aos seguintes colectivos:

  • 35 mulleres
  • 35 menores de 30 anos.
  • 20 desempregados de longa duración.

As accións formativas do Programa deben estar rematadas a 31 de decembro de 2014, polo que a data prevista de inicio da formación do PIE será 1 de Agosto de 2.014, Os interesados en formar parte deste Programa Integrado deben anotarse en Oficina de Emprego, para que poidan entrar na preselección realizada polo Servizo Público de Emprego.

 

No anterior Programa Integrado que se desenvolveu entre os anos 2013-2014 impartironse as seguintes especialidades formativas (operario de almacén, operacións básicas de restaurante e bar, patronaxe e emsamblaxe textil, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións e implantación e animación de espazos comerciais).  

Asimesmo, durante todo o curso realizaranse accións de formación transversal, tales como, fomento do emprendemento, información e motivación para a busca de emprego, módulo de alfabetización informática, módulo de prevención de riscos laborais (nivel básico), módulo de manipulador de alimentos e marca persoal. Formáronse un total de de 90 persoas desempregadas, dos que na actualidade logrouse insertar laboralmente a un 35% dos mesmos, a pesar de que a execución do Programa rematarán no mes de Outubro de 2014.