Atrás

Obradoiros da Rede Eusumo

A Consellería de Traballo e Benestar organiza dous obradoiros de fomento do cooperativismo co título "Emprender baixo a fórmula cooperativa", que se enmarcan dentro das actividades organizadas pola Rede Eusumo no seu plan de actuación 2014.

Estes obradoiros, dirixidos a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, realizaranse os días 24 e 29 de setembro en Vigo e Santiago de Compostela respectivamente. A través dos mesmos preténdese amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

Agradécese especialmente a colaboración que poida prestar na súa difusión.

Achégase carta de difusión do Director xeral de Traballo e Economía Social, así como programa, nota de prensa, carteis e mailing dos obradoiros.

Para calquera cuestión, pode poñerse en contacto con nós no teléfono 981558008 ou no enderezo  info@eusumo.coop.