Atrás

OBRADOIRO DE EMPREGO: “A LARACHA-ARTEIXO COLABORANDO POLO EMPREGO-2”

A Consellería de Traballo e Benestar comunicou oficialmente que achegará máis de 195.000 euros para cofinanciar o proxecto. A acción formativa constará de dúas especialidades. Serán contratados 22 alumnos-traballadores durante seis meses.

Os Concellos da Laracha e de Arteixo continúan cooperando co obxectivo de ofrecerlles novas posibilidades de formación e inserción no mercado laboral aos seus veciños.

A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia vén de comunicar oficialmente o acordo favorable da Comisión Central de Valoración para o proxecto denominado A Laracha-Arteixo: Colaborando polo emprego II, un programa que permitirá aos municipios alcanzar os obxectivo de formar, ampliar o currículum, mellorar a empregabilidade e lograr a inserción laboral das persoas que sexan seleccionadas para participar como alumnos traballadores.


O obradoiro de emprego constará de dúas especialidades: Operacións auxiliares na organización e funcionamento de instalacións deportivas e Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Terá unha duración de seis meses e contarán cun total de 22 alumnos traballadores, ademais do equipo directivo, docentes e persoal de apoio que se contrate especificamente para o correcto desenvolvemento do proxecto.

Os alumnos traballadores, ademais de acceder a unha remuneración económica durante seis meses, ao completar a especialidade correspondente recibirán o título oficial que acreditará a súa formación, cualificación e competencia para a labor profesional no módulo cursado.


Este será a segunda vez que os Concellos da Laracha e de Arteixo se agrupan para deseñar, promover e organizar conxuntamente un obradoiro de emprego. A experiencia anterior foi excelente e permitiu formar a vinte e catro persoas, doce na especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e outras tantas en montaxe e mantemento de instalacións térmicas solares