Atrás

Obradoiro de emprego A Laracha-Arteixo: colaborando polo emprego-2 (2014-2015)

Obradoiro de emprego A Laracha-Arteixo: colaborando polo emprego-2 (2014-2015)

 
A concelleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, clausurou hoxe o Obradoiro de Emprego "A Laracha-Arteixo: colaborando polo emprego-II". 

Durante este obradoiro de emprego un total de 22 alumnos dos concellos de A Laracha e Arteixo formáronse nas especialidades de: operacións auxiliares na organización e funcionamento de institucións deportivas e a dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Ao mesmo tempo que os alumnos se formaron en estas materiais, realizaron actuacións de mellora das instalacións deportivas municipais e programación cultural e deportiva. Este obradoiro de emprego tivo unha duración de 6 meses, durante os cales os alumnos/traballadores recibiron formación e estiveron contratados polo que cobraron un salario.

A Consellería de Traballo e Benestar investiu neste proxecto preto de 200.000 euros. Este programa dá continuidade ao primeiro obradoiro ‘Colaborando polo Emprego', organizado polos mesmos concellos, que contou con 24 beneficiarios e un investimento de 213.000 euros.